Miño celebra este sábado o Magosto e o Samaín con dúas citas en Callobre

ACoruñaXa
A programación inclúe festa infantil de 17.00 a 20.00 horas, cea ás 21.00 horas organizada pola Comisión de Festas de Callobre e, dende as 20.30 horas, o Magosto e Samaín da Asociación Xario
MIÑO magosto e samain
4 Nov 2025

Miño pecha a semana cun dobre plan para celebrar o outono en Callobre este sábado, 8 de novembro. Entre as 17.00 e as 20.00 horas terá lugar a festa de Samaín para nenas e nenos, con xogos e animación a cargo da Comisión de Festas de Callobre.

A xornada continuará coa gran cea a partir das 21.00 horas (inscricións no 686 730 288, no local ou a través das redes da comisión). O menú inclúe orella, castañas, chourizo, liscos, pan, viño e auga, café e postre. O prezo é de 15 euros (12 euros para socios) e menores de 10 anos de balde. A música correrá a cargo de Maracaibo.

En paralelo, ás 20.30 horas arranca o 'Magosto e Samaín' da Asociación Xario, con raxas, chourizos, castañas e bebida. O donativo é de 5 euros. Haberá entrega de agasallos ás mellores cabazas e recoméndase acudir con disfraces. A partir das 22.00 horas está prevista a actuación do mago Iván Tourís co espectáculo 'O Bruxo Gabagín'. O evento conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

⚙ Configurar cookies
0.070438861846924