Miño acollerá o 12 de setembro a II Travesía a Nado Playa de Miño con tres probas de ata 5.000 metros

ACoruñaXa
A cita deportiva celebrarase na Praia Grande e forma parte do XII Circuito Galego DOP Arzúa-Ulloa de Augas Abertas; as inscricións permanecerán abertas ata o 10 de setembro
travesía-a-nado-miño-cartel
30 Aug 2026

Miño volverá reunir afeccionados á natación en augas abertas o vindeiro 12 de setembro coa celebración da II Travesía a Nado Playa de Miño. A competición terá como escenario a Praia Grande e ofrecerá tres probas con diferentes distancias, pensadas para participantes con distintos niveis e obxectivos.

A xornada comezará ás 10 horas coa saída da primeira proba, de 1.500 metros. Ás 10.45 horas será a quenda da Travesía A1, cun percorrido de 3.000 metros, mentres que a última proba, a Travesía B, de 5.000 metros, dará comezo a partir das 12 horas.

A competición forma parte do XII Circuito Galego DOP Arzúa-Ulloa de Augas Abertas, consolidando a Miño dentro do calendario galego de probas de natación en augas abertas.

0.15781402587891