Mercedes Queixas ve a Ana Pontón como "clara" gañadora do debate electoral da CRTVG

ACoruñaXa
A número 2 da candidatura pola provincia á Xunta afirma que o presidente Alfonso Rueda entrou no plató da cadea autonómica como presidente e saíu del como xefe da oposición
mercedes queixas
6 Feb 2024

A número dous da candidatura do BNG ao Parlamento galego por A Coruña, Mercedes Queixas, ve “clarísimo” que a gañadora do debate emitido este luns pola CRTVG foi a candidata nacionalista á presidencia da Xunta, Ana Pontón.

“Visto o debate, enténdese perfectamente que Rueda se negue a ir a máis debates. Entrou no plató da TVG como presidente e saíu del como xefe da oposición á presidenta Ana Pontón”, afirma.

“Só Ana Pontón presentou un programa de goberno e só Ana Pontón se expresou en todo momento como presidenta. Rueda limitouse a atacar o BNG e non foi quen de formular ningunha proposta de futuro. Como lle dixo Ana Pontón, é un candidato sen ilusión e sen proxecto”, conclúe a número dous da candidatura nacionalista, quen acompañou o debate, canda un nutrido grupo de simpatizantes do BNG e coa número 8 da candidatura Iria Taibo, no Patachim.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16002082824707