Mera celebrará o vindeiro 19 de xullo a súa tradicional sardiñada na praia

ACoruñaXa
A sardiñada da praia de Mera é un evento singular e dunha grande tradición non só na localidade de Mera, senón en todo o municipio, con sona por toda a comarca da Coruña
Imaxe do cartel da sardiñada na praia de Mera
11 Xul 2024

O Concello de Oleiros, en colaboración coa Asociación Veciñal San Cosme de Maianca, organiza o venres 19 de xullo a tradicional sardiñada que se celebra na praia de Mera. A festa comezará a partir das 20.00 horas.

Durante o evento, venderanse tanto sardiñas asadas como crúas, poñendo leña gratuíta a disposición de aquelas persoas que desexen utilizar as súas propias grellas, e tamén haberá punto de venda de bebidas. A animación musical correrá a cargo da Agrupación Cultural A Marola de Mera e da charanga A Santa Compaña.

A sardiñada da praia de Mera é un evento singular e dunha grande tradición non só na localidade de Mera, senón en todo o municipio, con sona por toda a comarca da Coruña. Trátase dunha festa de grande interese cultural, social e turístico; que tradicionalmente formaba parte das Festas do Carmen de Mera, que non se celebrarán ante a inexistencia dun grupo de persoas que decidise asumir o relevo na comisión de festas.

 

SARDINŽADA-WEB-24
0.19458222389221