MEGA arrinca o verán cunha cata de Cervexas Espiga nunha sesión #Beercraft
O vindeiro venres 5 de xullo, o Museo de Estrela Galicia daralle a benvida ao verán cun #PlanazoMEGA en grao sumo refrescante: unha nova sesión #Beercraft, a cita na que MEGA comparte a súa paixón pola cervexa artesanal e da a coñecer aos cervexeiros artesáns máis reputados do país para que o público poida descubrir as súas propostas.
Nesta ocasión, a casa cervexeira orixinal de Barcelona Espiga é a protagonista desta nova gastroexperiencia, nunha noite que aúna gastronomía, cultura e cervexa e que terá lugar na Sala de Degustación do museo a partir das 20.30 horas. Nesta sesión #Beercraft con Espiga, o público poderá descubrir e probar, ao longo de dúas horas, os segredos mellor gardados da marca. Os seus creadores achegarán a MEGA algunhas as súas cervexas artesanais máis demandadas e guiarán unha exclusiva cata que incluirá, tamén, unha degustación de tapas gourmet elaboradas pola Cervezoteca Malte.
As entrada para esta nova sesión #Beercraft en MEGA da man de Espiga, que se poden adquirir xa a través da páxina web oficial do museo, inclúen unha degustación moi especial de cervexas craft desta casa pioneira maridadas con tapas elaboradas por Malte:
- Maneki Oko (Hoppy Rice Lager) maridada con queixo Dá Josefa.
- Paramour (Fruity Gose con froita da paixón e coandro) maridada con porco en caldo de azucre agridoce de nectarina con rabanito encurtido.
- Pliny the Oncle (West Coast IPA) maridada con spaghetti nero dei sepia á carbonara con zamburiña e xel de albáfega.
- Best Peaches (Farmhouse Barrel Aged con pexego) maridada con magret de pato, froitas de verán e bágoas de queixo azul de cabra.
- Dark Way (Imperial Stout) maridada con bombón bomba de chocolate branco e praliné salgado de pistacho.