María García Costoya ocupará o cargo de Vanessa Seijo como concelleira do PP en Betanzos
O Partido Popular de Betanzos informa de que a concelleira, Vanessa Seijo Siso, decidiu deixar cargo como concelleiro por motivos persoais. Esta mañá presentou formalmente a súa renuncia fronte o rexistro municipal. A presidente do Partido Popular e portavoz municipal, Cecilia Vázquez, quixo facer público o agradecemento do partido e o seu propio, polo traballo político realizado por esta querida compañeira.
A vacante deixada por Vanessa Seijo, será ocupada por María García Costoya, que concorreu como número 10 na candidatura popular das pasadas eleccións municipais. María García Costoya (Betanzos, 1977) é traballadora autónoma, deseñadora gráfica e está á fronte da súa propia empresa de deseño.
Unha vez que se formalizou a renuncia de Vanessa Seijo fronte o concello, a xunta electoral terá que designar, se así corresponde, a María Costoya como a candidata con dereito a acceder á acta de concelleira do Partido Popular no Concello de Betanzos.