'Manoliño Nguema': o documental que explora os lazos culturais entre Galicia e Guinea Ecuatorial chega a Cambre

ACoruñaXa
Vila Concepción acollerá hoxe a proxección desta peza dirixida por Antonio Grunfeld, coa presenza do equipo creativo para un coloquio posterior co público
A Casa da Cultura de Vila Concepción en Cambre
13 sep 2024

A Casa da Cultura de Vila Concepción será o escenario da proxección do documental 'Manoliño Nguema', que terá lugar hoxe, venres 13 de setembro, ás 19.30 horas. O evento contará coa presenza do director, Antonio Grunfeld, así como dos produtores, Roi Carballido e María Becerra, e da guionista, Rocío Cadahía, que participarán nun coloquio posterior para responder ás preguntas do público.

O documental narra a vida de Marcelo Ndong, máis coñecido como Manoliño Nguema, un artista africano formado en España que recibe o encargo de crear unha obra teatral baseada na súa propia vida. Este relato levará á audiencia desde a Guinea postcolonial ata a España da ditadura, ofrecendo unha visión íntima sobre o percorrido de Ndong como mimo, músico, actor e migrante. Con esta peza, búscase ofrecer unha nova perspectiva sobre os lazos culturais entre Galicia e Guinea Ecuatorial.

A proxección está organizada co fin de dar visibilidade a unha historia de migración e identidade, onde a arte e o teatro actúan como fíos condutores entre dúas realidades históricas e xeográficas.

0.18494391441345