Mañá dan comezo as actividades culturais e deportivas municipais en Culleredo

ACoruñaXa
O Concello comeza o mércores 6 de novembro con 116 grupos e preto de 1.400 participantes, incluíndo novas disciplinas e monitores especializados
Imaxe recurso deportes
5 Nov 2024

O Concello de Culleredo anuncia que mañá, mércores 6 de novembro, darán comezo as actividades culturais e deportivas municipais. O inicio tivo que aprazarse dúas semanas mentres se ultimaban as xestións administrativas e se organizaban os grupos de participantes.

Ademais do proceso de adxudicación e xestión interna, foi preciso incorporar monitores especializados nas novas disciplinas ofertadas. Agora, con todos os trámites completados, as escolas comezarán mañá co horario establecido.

Este curso, Culleredo contará cun total de 116 grupos e aproximadamente 1.400 alumnos de todas as idades. A oferta inclúe disciplinas clásicas como pilates e ioga, que seguen a ser moi demandadas, así como novidades como a marcha nórdica, inglés para viaxar ou deseño de videoxogos.

O Concello lamenta calquera inconveniente que puidese causar este cambio de datas.

0.19414782524109