Malestar veciñal en Curtis polo peche e valado da estación de tren de Teixeiro

ACoruñaXa
O valado levado ao cabo por ADIF impide o paso dos veciños dunha zona do pobo para a outra ao estar pechando o paso peonil
Imaxe da estación de tren de Teixeiro valada
17 Xuño 2024

O Concello de Curtis trasladou este luns o malestar veciñal e da propia institución ante o peche e vallado da estación de tren de Teixeiro.

Neste sentido, sinalan que o Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) está a vallar a estación do ferrocarril de Teixeiro impedindo o paso dos veciños dunha zona do pobo para a outra ao estar pechando o paso peonil.

Dende o Concello de Curtis apuntan que xa se puxo en contacto con ADIF para que den unha solución antes de proceder ao peche e adianta que convocará un pleno extraordinario urxente para esixir a contracción urxente dun paso peonil distinto nivel.

O alcalde de Curtis afirmaba esta mañá: “Antes de proceder ao peche dividindo un pobo débese de habilitar un paso alternativo e xestionalo en colaboración co concello e os veciños”.

Doutra banda, sinalan que a acera do paso subterráneo non cumpre a normativa de acesibilidade, ademais de producirse filtracións dos laterais do paso soterrado e supoñer un risco para o paso de peóns.

0.13107395172119