Los Platinos ofrecerán mañá un concerto con éxitos dos anos 70, 80 e 90 en Sada

A Concellería de Cultura de Sada organiza o concerto de Los Platinos: Unha viaxe musical, que se celebrará o sábado 7 de decembro ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura. O evento conta co apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Durante o espectáculo, o público poderá revivir grandes éxitos musicais das décadas dos 70, 80 e 90. A banda interpretará cancións de artistas emblemáticos como Camilo Sesto, Andrés Dobarro, Cómplices, Los Tamara, Sergio Dalma, La Unión, Fito y los Fitipaldis, Los Secretos, Fórmula V, Joaquín Sabina, M-Clan, Raphael, Hombres G e Mecano.
A entrada será libre ata completar aforo, brindando unha oportunidade única para gozar dun percorrido pola historia musical que marcou a varias xeracións.