Lola Vázquez, do Judo Club Culleredo, medalla de bronce na Copa de España Infantil de judo

ACoruñaXa
Os integrantes do Judo Club Culleredo Leandro Fernández e David Varela tamén tomaron parte xunto a Lola Vázquez desta competición, celebrada a pasada fin de semana en Santiago de Compostela
A judoka Lola Vázquez alzouse coa medalla de bronce no campionato celebrado en Santiago de Compostela
A judoka Lola Vázquez alzouse coa medalla de bronce no campionato celebrado en Santiago de Compostela
18 mar 2024

A judoka cullerdense Lola Vázquez obtivo esta fin de semana un gran resultado no Copa de España Infantil de judo, que se celebrou en Santiago de Compostela. A deportista, integrante do Judo Club Culleredo, alzouse coa medalla de bronce na categoría de menos de 63 quilos.

A rapaza repite a posición que conseguiu o ano pasado nesta mesma proba, cedendo soamente ante a representante marileña, Belén Ruíz, que, ao cabo, coroaríase como vencedora da competición.

Ademais de Lola, nesta copa tomaron parte outros dous judokas do club cullerdense: Leandro Fernández, na categoría de menos de 60 quilos; e David Varela, na de menos de 55 quilos de peso. Aínda que non obtiveron os resultados da súa compañeira, tiveron un gran desempeño e suman unha valiosa experiencia para próximas competicións.

Sen dúbida, esta fin de semana foi moi especial para todo o Judo Club Culleredo, xa que outros integrantes que non participaban da proba desprazáronse ata a capital galega para animar aos seus compañeiros e compañeira, demostrando unha forte unión e un gran espírito de equipo.

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Deportes, Cristina Pardo, quixo traladar as súas felicitacións ao Club Judo Culleredo por “todo o esforzo que realizastes durante meses para obter estes grandes resultados. Desde o Concello esperamos que este sexa soamente o primeiro de moitos outros triunfos, tanto individuais como colectivos”.