Leiva levará a súa música á Coruña o próximo 12 de xullo
O ciclo Coruña Sounds 2025 arrincará por todo o alto coa actuación de Leiva o 12 de xullo no peirao de Batería. O cantante madrileño incluirá a cidade na súa xira Gigante, na que presentará os temas do seu novo álbum do mesmo nome, ademais de interpretar cancións icónicas da súa carreira, tanto en solitario como na súa etapa en Pereza.
As entradas poderán adquirirse a partir do mércores 27 de novembro, desde as 12:00 horas, a través dos puntos habituais e da web do artista. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou que esta edición busca reafirmar a Coruña como un referente musical no noroeste, grazas á aposta por artistas de recoñecido prestixio.
Con éxitos recentes como Bajo presión, o último adianto do seu próximo álbum, Leiva promete unha noite inesquecible no verán coruñés.