Keina Espiñeira presentou o cartaz de campaña do BNG das europeas na Coruña

ACoruñaXa
“O escano galego de Ana Miranda en Bruxelas vai defender os intereses de Galicia e vai dicir non ás políticas de recorte social e de militarización”, avanzou a candidata número 7 do BNG, Keina Espiñeira
Imaxe de Ana Pontón coa candidata do BNG a Europa, Ana Mirands
24 Maio 2024

O “escano galego” de Ana Miranda na Eurocámara “vai defender os intereses de Galiza e, ao tempo, vai dicir non ás políticas de recorte social e de aumento dos gastos militares”, afirmou este serán Keina Espiñeira, a número 7 da candidatura do BNG nestas eleccións europeas.

Espiñeira interveu na apertura da nosa campaña na Coruña -no Campo de Marte, diante da biblioteca da Asociación Veciñal de Monte Alto- nun mitin no que tamén tomaron a palabra Avia Veira, concelleira e deputada provincial; Iria Taibo, deputada no Parlamento galego; e Mercedes Queixas, concelleira e deputada no Parlamento galego.

“Hoxe máis que nunca, o noso futuro decídese en Europa”, remarcou Espiñeira. “Cuestións clave do noso día a día, como a pesca ou a transición enerxética, decídense en Europa. Galiza, e en especial A Coruña, ten intereses propios e diferenciados nesta materias e por iso é preciso darlle aínda máis forza á voz galega en Europa que representa Ana Miranda”, engadiu.

Un voto ao BNG nestas eleccións é un voto a favor dos piares básicos da nosa economía nacional -os sectores primarios, mais tamén os industriais- afectados por políticas que se deciden en Bruxelas.

Mais ao mesmo tempo, salientou Espiñeira, o escano galego de Ana Miranda na Eurocámara “vaille dicir que non ás políticas neoliberais e ao recorte no gasto social que se está a impor coa coartada da guerra. Vai ser un non á militarización”.

0.15806698799133