Iván García Campos gaña o Manuel Murguía con 'A comedia intelectual'

ACoruñaXa
Brais Lamela Gómez e Lucía Aldao Sánchez completan o palmarés da 35.ª edición do certame de narracións breves de Arteixo
ARTEIXO premios 2026 manuel murguía
9 May 2026

O Certame de Narracións Breves Manuel Murguía xa ten gañador da súa 35.ª edición. Iván García Campos obtivo o primeiro premio coa obra 'A comedia intelectual', nunha nova entrega dun dos galardóns literarios máis consolidados de Arteixo e centrado na creación narrativa en lingua galega.

O segundo premio foi para Brais Lamela Gómez por 'Frederick', mentres que Lucía Aldao Sánchez acadou o terceiro posto con 'Ópera prima de evolución tórpida'. As tres obras chegaran á fase final tras a deliberación do xurado, que seleccionou por unanimidade os textos finalistas desta edición.

A entrega de premios celebrouse este venres no auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo Manuel Murguía. A concelleira de Cultura, María Dubra, foi a encargada de abrir a cerimonia, mentres que o alcalde, Carlos Calvelo, pechou o acto de entrega dos galardóns.

O certame estaba dotado con 4.000 euros para o primeiro premio, 2.000 euros para o segundo e 1.000 euros para o terceiro. A convocatoria mantén a súa aposta pola narración breve en galego e pola promoción de autoras e autores que contribúen a ampliar o panorama literario actual.

Coa resolución desta edición, Arteixo reforza a continuidade dun premio que leva máis de tres décadas vencellado á vida cultural do municipio e á figura de Manuel Murguía, referente do Rexurdimento e nado no concello.

0.12345409393311