Irixoa inaugura a súa Casa do Maior con xornadas de portas abertas

ACoruñaXa
Un novo servizo para a atención das persoas maiores de 60 anos xa está en funcionamento na antiga escola de Casanova
Casa do Maior Irixoa
16 Jan 2025

Desde principios deste ano, o Concello de Irixoa conta cun novo recurso dedicado ás persoas maiores de 60 anos: a Casa do Maior. Situada na antiga escola de Casanova, este centro está financiado pola Xunta de Galicia e ten como obxectivo mellorar a calidade de vida dos maiores, favorecendo a súa permanencia na contorna e promovendo a prevención da dependencia.

Para informar á cidadanía sobre o funcionamento deste servizo e as prazas dispoñibles, celebraranse dúas xornadas de portas abertas os días luns 20 e xoves 23 de xaneiro. Estas visitas realizaranse de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00. Durante as mesmas, as persoas interesadas poderán coñecer as instalacións e resolver calquera dúbida sobre o novo recurso.

A Casa do Maior está dirixida a persoas maiores de 60 anos e ofrece un espazo de apoio, coidados e actividades que contribúen ao seu benestar e á súa integración na comunidade. Este proxecto reflicte o compromiso do Concello de Irixoa co coidado e a atención dos seus maiores.

0.17446112632751