Irixoa activa un traslado gratuíto en autobús a Betanzos para facilitar xestións e citas médicas

O Concello de Irixoa porá en marcha un servizo de transporte público gratuíto a Betanzos co obxectivo de mellorar a mobilidade da veciñanza e facilitar a realización de xestións, trámites e desprazamentos a citas médicas. A iniciativa enmárcase no programa de Envellecemento Activo e está coordinada desde o Departamento de Servizos Sociais.
O traslado realizarase en autobús o primeiro e o terceiro luns de cada mes. A saída está fixada ás 09.30 horas desde diante da casa consistorial, mentres que a volta está prevista ás 13.00 horas.
Para participar é preciso anotarse con antelación no teléfono 981 793 001. O servizo está financiado pola Deputación da Coruña e xestionado polo Concello de Irixoa.