Irixoa acolle "Brincadeiras da lingua" o 30 de decembro na Biblioteca Municipal
ACoruñaXa
Migallas Teatro ofrecerá un espectáculo familiar para promover a cultura e a lingua galega
24 Dec 2024
O Concello de Irixoa convida ás familias a gozar de "Brincadeiras da lingua", un espectáculo a cargo de Migallas Teatro que se representará o luns 30 de decembro ás 12:00 horas na Biblioteca Municipal. A proposta, destinada a público familiar, combina humor, música e aprendizaxe para fomentar o uso e o amor pola lingua galega.
As inscricións estarán abertas ata o 27 de decembro, inclusive, e poden realizarse chamando ao teléfono 981 793 001. Este evento enmárcase na Rede Cultural 2024, promovida pola Deputación da Coruña, co obxectivo de achegar a cultura e as artes escénicas a todos os concellos, incluído o de Irixoa.