Invístense preto de 150.000 euros na mellora da rede de hidrantes da Coruña
Dende o Concello da Coruña leváronse ao cabo diversas melloras na rede de hidrantes da cidade. As actuacións consistiron na renovación e instalación de novas bocas de incendios para a mellora da protección e seguridade cidadá fronte aos incendios.
Neste sentido, a Aministración local investiu preto de 150.000 euros para para o subministro e instalación de 100 hidrantes soterrados, ou de tipo arqueta 'hydroflow', coa súa sinalización vertical correspondente. Este sistema de hidrante instálase en substitución das bocas de tipo aéreas, ate o momento máis habituais, avanzando cara unha maior accesibilidade da vía pública.
En canto á instalación dos cen novos hidrantes, cabe destacar que 26 correspóndense con tomas xa existentes, das que 24 se desprazaron a unha nova localización non superior a 3 metros da actual e 2 non superior a 10 metros. Deste xeito, das 566 existentes actualmente no termo municipal, 383 son xa de tipo soterrado, o que equivale ao 67,78%.
Ademais, no marco do plan de mellora da rede de hidrantes, o Concello da Coruña procedeu á sinalización vertical de 150 tomas xa instaladas facendo máis doada a súa localización en caso de emerxencia.