Invístense 3,5 millóns de euros na creación de máis de 400 empregos en concellos

ACoruñaXa
A Deputación da Coruña a través do programa PEL-Concellos prima a contratación de persoas con especiais dificultades de inserción laboral e proporciona aos concellos máis pequenos persoal para prestar servizos municipais de calidade
Imaxe dun traballador beneficiario dos PEL
12 Feb 2024

A Deputación da Coruña publicou este luns 12 de febreiro no Boletín Oficial da Provincia a resolución de concesión das axudas do programa PEL-Concellos, a liña do Plan de Emprego Local (PEL) que permite aos concellos coruñeses contratar a persoas desempregadas para a prestación de servizos básicos municipais. Este ano, un total de 92 concellos coruñeses recibirán 3.547.620 euros para contratar a máis de 400 persoas durante un período máximo de un ano.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou o carácter social desta liña do PEL, que prima a contratación de persoas con especiais dificultades de inserción laboral e que supón tamén unha aposta polo mundo rural, xa que o 84% dos fondos (2.964.193 euros) concédense a municipios de menos de 20.000 habitantes, proporcionando aos concellos máis pequenos os medios humanos necesarios para poder ofrecer servizos municipais de calidade. "Cremos no rural e con este programa axudamos a crear postos de traballo e a mellorar os servizos públicos que os concellos ofrecen á veciñanza", afirmou o socialista.

Agora mesmo a Deputación ten aberta a convocatoria para as axudas PEL para pemes, emprendedores e autónomos ata o 22 de febreiro.

As persoas con maior dificultade para atopar traballo serán a prioridade

Os concellos deberán aplicar criterios sociais á hora de seleccionar o persoal e dar prioridade á inserción de persoas que pertenzan a colectivos con maiores dificultades para acceder a un posto de traballo.

Deste xeito, beneficiarase a persoas maiores de 45 anos, desempregadas de longa duración, persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, en risco de exclusión laboral ou mulleres. Ademais, dentro destes colectivos, os concellos primarán a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.

Entre 19.000 e 75.000 euros por concello

As axudas que que reciben os concellos de menos de 50.000 habitantes varían en función da porcentaxe resultante de dividir o número de persoas desempregadas en cada concello entre o número total de persoas desempregadas nos concellos de menos de 50.000 habitantes, oscilando as contías entre os 19.000 e os 52.000 euros. Pola súa banda, os concellos da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela optan a unha contía única de 75.000 euros.

Os operarios e operarias, deberán ser contratados cunha xornada mínima semanal de 25 horas. As axudas destinaranse a sufragar os custos salariais, de Seguridade Social, as indemnizacións por fin de contrato e a formación en materia de prevención de riscos laborais das novas contratacións.
Desde a súa posta, a liña de PEL-Concellos facilitou unha oportunidade laboral a máis de 3.741 persoas desempregadas da provincia.

Aberta a solicitude das liñas PEL para pemes, emprendedores e autónomos

PEL-Concellos é unha das liñas PEL, que contempla tamén tamén axudas para a contratación de persoal en pemes e microempresas, para investimentos que melloren a competitividade dos pequenos negocios, para apoiar o emprendemento e para sufragar ás cotas á Seguridade Social dos profesionais autónomos da provincia da Coruña.
A convocatoria para acceder a estas outras liñas de axudas do PEL para pemes, microempresas, emprendedores e traballadores autónomos está aberta ata o 22 de febreiro.

 LISTAXE DE SOLICITUDES PEL-CONCELLOS 2024 CONCEDIDAS

COMARCA DO BARBANZA 469.700,21 euros

Boiro - 52.000,00 euros
Carnota - 37.000,00 euros
Lousame - 28.000,00 euros
Mazaricos - 30.999,44 euros
Muros - 46.000,00 euros
Noia - 49.000,00 euros
Outes - 37.000,00 euros
A Pobra do Caramiñal - 46.000,00 euros
Porto do Son - 43.000,00 euros
Ribeira - 52.000,00 euros
Rianxo - 48.700,77 euros

COMARCA DE COSTA DA MORTE-BERGANTIÑOS 590.714,19 euros

Cabana de Bergantiños - 37.000,00 euros
Camariñas - 39.747,78 euros
Cee - 49.000,00 euros
Cerceda - 37.000,00 euros
Corcubión - 27.975,51 euros
Coristanco - 46.000,00 euros
Dumbría - 37.000,00 euros
Fisterra - 37.000,00 euros
Laracha (A) - 49.000,00 euros
Laxe - 37.000,00 euros
Malpica de Bergantiños - 40.000,00 euros
Muxía - 36.990,90 euros
Ponteceso - 40.000,00 euros
Vimianzo - 40.000,00 euros
Zas - 37.000,00 euros

COMARCA DE CORUÑA-AS MARIÑAS 775.516,90 euros

Abegondo - 37.000,00 euros
Aranga - 25.000,00 euros
Arteixo - 52.000,00 euros
Bergondo - 42.917,67 euros
Betanzos - 51.860,40 euros
Cambre - 49.336,53 euros
Carral - 40.000,00 euros
Coirós - 25.000,00 euros
Coruña (A) - 75.000,00 euros
Culleredo - 49.402,30 euros
Curtis - 31.000,00 euros
Irixoa - 22.000,00 euros
Mesía - 25.000,00 euros
Miño - 43.000,00 euros
Oleiros - 52.000,00 euros
Oza-Cesuras - 37.000,00 euros
Paderne - 25.000,00 euros
Sada - 52.000,00 euros
Sobrado - 22.000,00 euros
Vilasantar - 19.000,00 euros

COMARCA DE FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL 782.000,00 euros

Ares - 43.000,00 euros
Cabanas - 31.000,00 euros
Capela (A) - 25.000,00 euros
Cariño - 37.000,00 euros
Cedeira - 43.000,00 euros
Cerdido - 25.000,00 euros
Fene - 52.000,00 euros
Ferrol - 75.000,00 euros
Mañón - 22.000,00 euros
Moeche - 22.000,00 euros
Monfero - 22.000,00 euros
Mugardos - 40.000,00 euros
Narón - 52.000,00 euros
Neda - 40.000,00 euros
Ortigueira - 40.000,00 euros
Pontedeume - 46.000,00 euros
Pontes (As) - 49.000,00 euros
San Sadurniño - 28.000,00 euros
Somozas (As) - 25.000,00 euros
Valdoviño - 43.000,00 euros
Vilarmaior - 22.000,00 euros

COMARCA DE SANTIAGO 929.688,85 euros

Ames - 52.000,00 euros
Arzúa - 34.000,00 euros
Baña (A) - 31.000,00 euros
Boimorto - 25.000,00 euros
Boqueixón - 28.000,00 euros
Brión - 46.000,00 euros
Dodro - 31.000,00 euros
Frades - 25.000,00 euros
Melide - 43.000,00 euros
Negreira - 46.000,00 euros
Ordes - 49.000,00 euros
Oroso - 43.000,00 euros
Padrón - 49.000,00 euros
Pino (O) - 31.000,00 euros
Rois - 37.000,00 euros
Santa Comba - 46.000,00 euros
Santiago de Compostela - 74.688,85 euros
Santiso - 25.000,00 euros
Teo - 52.000,00 euros
Toques - 19.000,00 euros
Tordoia - 28.000,00 euros
Touro - 31.000,00 euros
Trazo - 25.000,00 euros
Val do Dubra - 28.000,00 euros
Vedra - 31.000,00 euros

TOTAL PROVINCIA 3.547.620,15 euros

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17559504508972