Invístense 305.000 euros en proxectos para embelecer o litoral de 6 concellos da Coruña

ACoruñaXa
Entre as iniciativas beneficiarias, impulsadas coa axuda da Xunta, inclúense melloras paisaxísticas de paseos marítimos, recuperación de sendeiros entre puntos turísticos ou sinalización e APPs
Imaxe da cala Atalaya en Santa Cruz (Oleiros)
15 Abr 2024

A Xunta de Galicia vén de resolver a segunda convocatoria da liña de axudas destinada a concellos galegos para levar a cabo accións de embelecemento do litoral e potenciar así o seu uso turístico, cun investimento global de máis de 2,7 millóns de euros. Na comarca da Coruña foron beneficiarios un total de 8 proxectos en 6 concellos do litoral desta área que comprenden iniciativas como melloras paisaxísticas en paseos marítimos, creación de contidos e recursos turísticos dixitais, recuperación de sendeiros entre puntos turísticos ou sinalización, entre outras. Estes proxectos recibirán unhas axudas por importe de máis de 305.000 euros

Como se establece na resolución, que será publicada próximamente no Diario Oficial de Galicia e da que xa foron notificados os beneficiarios, inclúense 25 concellos da provincia de A Coruña, onde se levarán a cabo preto de 40 proxectos de embelecemento.

Esta liña de axudas é unha das actuacións incluidas no Plan Territorial de Sostibilidade Turística do Litoral posto en marcha polo Goberno galego con fondos Next Generation. Os destinatarios eran os concellos situados no litoral galego. Concedéronse en réxime de concorrencia non competitiva e, entre outras, subvencionáronse accións que afondasen na transición verde e ecolóxica para a rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral, tamén accións de transición dixital e accesible e inclusiva.

O Plan Territorial de Sostibilidade Turística do Litoral que ten un plan de execución ata este ano 2024. Cun investimento global de 29,3M€ enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para aproveitar o financiamento europeo no camino á transformación dixital e o incremento da competitividade dos destinos. Inclúe a posta en marcha de medidas transversais destinadas ao litoral galego como dúas convocatorias anteriores para concellos e establecementos para rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral galego, xa resoltas, así como a construción da senda do litoral de Galicia. Por outra banda, no marco deste Plan Territorial do Litoral as entidades locais están executando distintos Plans de Sostibilidade Turística en Destino.

CONCELLO OBXECTO AXUDA AXUDA CONCEDIDA
A CORUÑA RENATURALIZACIÓN DO ESTANQUE DO PARQUE LITORAL "MONTE DE SAN PEDRO" 51.961,00 €
A CORUÑA CREACIÓN E PRODUCIÓN DE GUÍAS DIXITAIS DO LITORAL DA CORUÑA 13.176,90 €
A CORUÑA MELLORA DA ACCESIBILIDADE E FOMENTO DO TURISMO INCLUSIVO EN 2 MIRADOIROS DO LITORAL DA CORUÑA 43.547,10 €
 ARTEIXO TOTEM CENTRO INTERPRETATIVO MAR DE SORRIZO 13.068,00 €
 MIÑO MELLORA PAISAXÍSTICA CONTORNA PRAIA PERBES (MIÑO): RECUPERACIÓN AMBIENTAL E ACONDICIONAMENTO ACCESOS 80.000,00 €
 OLEIROS RESTAURACIÓN INFRAESTRUTURA VERDE MUNICIPAL. SENDA COSTEIRA CANIDE-MERA. 80.000,00 €
 PADERNE FOLLETO DIXITAL TURÍSTICO 13.492,71 €
 SADA TOTEM TURÍSTICO 10.235,73 €
8 AXUDAS 305.481,44 €

 

0.1768000125885