Investigadores afondarán no CITEEC da UDC os riscos asociados ao clima e aos conflitos

ACoruñaXa
O grupo Persoa-Ambiente da Universidade da Coruña celebra o seu terceiro encontro internacional para avanzar en estratexias de prevención e mitigación
UDC Encontro internacional de Investigación
12 Nov 2024

Os días 13 e 14 de novembro, o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña será o escenario do III Encontro Internacional de Investigación promovido polo grupo Persoa-Ambiente. A cita reunirá a expertos e expertas de España, Brasil, México, Estados Unidos, Gran Bretaña e Palestina para abordar os desafíos que supoñen tanto o cambio climático coma os conflitos bélicos.

No programa, o día 13 estará dedicado aos efectos do cambio climático na saúde, así como á urxencia de establecer hábitos máis sostibles. Tamén se abordarán temas como o urbanismo, a arquitectura adaptada ao clima, a transición enerxética e a sustentabilidade.

O 14 de novembro, as charlas centraránse en conflitos bélicos actuais e na xestión de emerxencias, coa intervención de dúas especialistas no conflito de Gaza, que exporán propostas para a planificación territorial e vivendas de realoxo para persoas desprazadas.

A asistencia é de balde, con inscrición previa, ata completar o aforo. Para máis información, as persoas interesadas poden escribir a cristina.garcia.fontan@udc.es.

0.20643305778503