Intensifícanse os controis policiais en Meicende debido á venda de drogas
A policía local de Arteixo atópase aumentando os controis de seguridade en Meicende debido a que se detectou un aumento da venda de drogas a pequena escala e as consecuentes molestias e sensación de inseguridade que causan en veciños e comerciantes.
Doutra banda, o concello solicitou á Garda Civil que aumente o número de efectivos na zona para combater esta venda que, aínda que a pequena escala, suscitou as queixas de comerciantes e veciños sobre todo na zona do Petón.
A pesar de que a policía municipal non ten a competencia sobre este tipo de delitos, si que pode intensificar os controis sobre as persoas que saen e entran dos puntos de venda de droga, o que dificulta a venda polo miúdo destas substancias e ofrece unha maior sensación de seguridade aos residentes nas zonas onde se producen.