Este mércores, o Concello de Curtis deu comezo ás obras de mellora no parque infantil “Mestres Amparo Beleda - Manuel Chaín”, situado na localidade de Teixeiro. Cun investimento total de 121.424,38 euros, este proxecto busca renovar por completo a zona de xogos e ampliar a oferta lúdica dispoñible.
As actuacións incluirán a mellora das superficies e a instalación de novos elementos de xogo que aumentarán tanto en número como en variedade con respecto ás infraestruturas anteriores. O obxectivo principal é ofrecer un espazo moderno e seguro para o desfrute das familias e dos máis pequenos do municipio.
O Concello destacou a importancia desta renovación para dotar á área de xogos dun maior atractivo e seguridade, adaptándose ás necesidades actuais da veciñanza de Teixeiro. As obras forman parte do plan municipal para mellorar os espazos públicos e de lecer en Curtis, co fin de fomentar a convivencia e o benestar da comunidade.