Inés Rey recibe en María Pita a Wole Soyinka antes do inicio de Poetas Di(n)versos 2026

ACoruñaXa
O Nobel nixeriano recitará esta noite no Centro Ágora xunto á poeta galega Lupe Gómez, na apertura da 17ª edición do ciclo
A CORUÑA ines nobel
26 Jan 2026

A alcaldesa, Inés Rey, deu esta mañá a benvida institucional ao escritor Wole Soyinka, Premio Nobel de Literatura, nun acto no Palacio Municipal de María Pita con motivo da súa participación no ciclo Poetas Di(n)versos. Na recepción tamén estivo a directora literaria do programa, Yolanda Castaño.

O autor nixeriano será unha das protagonistas do recital inaugural da edición de 2026, previsto para esta noite no Auditorio do Centro Ágora a partir das 20.00 horas, nun encontro no que compartirá escenario coa poeta galega Lupe Gómez. Segundo subliñou o Concello, trátase dunha cita especial ao ser a primeira vez, en case dúas décadas de traxectoria, que o ciclo conta cun Premio Nobel.

Durante o encontro, Rey puxo o foco no valor cultural da visita e no carácter aberto da cidade, vinculando a presenza de Soyinka co compromiso coruñés coa creación e coa liberdade de expresión.

Poetas Di(n)versos mantén o seu formato habitual de recitais mensuais entre outubro e xuño, combinando unha voz galega e outra internacional, e a entrada é libre ata completar capacidade. Tras a sesión de hoxe, o ciclo continuará o 16 de febreiro coa grega Dimitra Christodoulou e a galega Carmen Villar, e o 23 de marzo co colombiano Rómulo Bustos e o galego Xoán C. Rodríguez.

⚙ Configurar cookies
0.07787299156189