Inés Rey interven como relatora na xornada Techcities Sant Boi en Sant Boi de Llobregat

ACoruñaXa
A alcaldesa da Coruña interviu no panel ‘Transición digital inclusiva y transferencia de conocimiento’ onde destacou que "as persoas con responsbailidades públicas teñen a obrigación de aplicar a tecnoloxía cos principios de solidariedade e xustiza social, do mesmo xeito que o fan cos recursos públicos”
Inés Rey interven como relatora na xornada Techcities Sant Boi en Sant Boi de Llobregat
1 Mar 2024

Esta mañá de venres a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interviu como relatora no panel 'Transición digital inclusiva y transferencia de conocimiento', no marco da cuarta edición da xornada Techcities Sant Boi en Sant Boi de Llobregat (Barcelona).

Durante a súa intervención, Inés Rey, sinalou como principal reto das administracións públicas implementar a tecnoloxía e a intelixencia artificial dende unha perspectiva social: “Quienes tenemos responsabilidades públicas tenemos la obligación de aplicar la tecnología con los principios de solidaridad y justicia social, al igual que hacemos con los recursos públicos”.

A alcaldesa da Coruña puxo como exemplo de boa aplicación das TIC e a IA o desenvolvemento de apps para os cidadáns ou o estudo e regulamento do tráfico a través do Centro Integral de Mobilidade (CiMob). Tamén sinalou a alianza estratéxica entre Concello e Universidade para o impulso de iniciativas como a AESIA ou a Cidade das TIC. “La AESIA es el punto y seguido a todo el trabajo que se ha venido haciendo y desarrollando durante muchos años en la ciudad” aseverou, en referencia ao traballo do tecido empresarial e académico en colaboración co Concello.

En canto á fenda dixital, a rexedora indicou que “ya conviven todas las generaciones con la tecnología, pero existen otras brechas”. Explicou que a regulación en intelixencia artificial, na que terá un papel destacado a AESIA como organismo de supervisión, ten como principal obxectivo que os algoritmos non repliquen os sesgos sociais existentes. “Ahí está el verdadero reto, que la desigualdad real no se traslade a la vida en la inteligencia artificial” sinalou.

 

 

 

 

A alcaldesa estivo acompañada pola directora xeral de Planificación, Coordinación e Transferencia de Coñecemento no Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, Elisa Rivera. Rey describiu como “gratificante” ser convidados como administración para explicar o traballo levado a cabo na cidade, en colaboración con Universidade e empresa, e que consolida A Coruña como exemplo na aplicación e desenvolvemento TIC en España.

0.17071795463562