Hoxe abre a inscrición para 'Palabras', a primeira actividade do programa Apego no Ágora da Coruña

ACoruñaXa
A programación para familias con crianzas de 0 a 6 anos inclúe 11 actividades de balde entre setembro e novembro
Imaxe de apego
13 sep 2024

O Concello da Coruña lanza unha nova edición do Programa Apego, un proxecto cultural dirixido a familias con crianzas de 0 a 6 anos. A oferta inclúe 11 actividades de balde que se desenvolverán no Centro Sociocultural Ágora ao longo dos meses de setembro, outubro e novembro. Estas iniciativas forman parte do compromiso do goberno local, liderado por Inés Rey, de dinamizar os espazos culturais e ofrecer unha programación ampla e diversa.

A primeira das actividades, o espectáculo "Palabras" de Baobab Teatro, abrirá o prazo de inscrición mañá, venres 13 de setembro, a partir das 10.00 horas, a través da páxina web. Trátase dunha obra de teatro musical destinada a crianzas de 1 a 3 anos, cunha dobre función o martes 17 de setembro, ás 17.00 e 18.30 horas, e unha duración de 45 minutos. "Palabras" emprega cancións e narracións para achegar aos máis pequenos á tradición oral galega.

As actividades continuarán cada martes no Ágora ata o 26 de novembro, cunha variedade de propostas que inclúen contacontos, teatro e música ao vivo. As inscricións para cada evento abriranse o venres anterior á súa celebración e as reservas faranse no nome do menor, sen necesidade de inscribir ao acompañante adulto. A continuación, detállase o calendario de actividades:

Programa Apego: Setembro - Novembro 2024

  • "Palabras", de Baobab Teatro
    Martes, 17 de setembro | 17.00 e 18.30 horas
    Para crianzas de 1 a 3 anos (45 minutos)
    Inscrición: dende o venres 13 de setembro, ás 10.00 h
  • "Estrafalaria", de Xarope Tulú
    Martes, 24 de setembro | 17.00 e 18.30 horas
    Para maiores de 3 anos (50 minutos)
    Inscrición: dende o venres 20 de setembro, ás 10.00 h
  • "Manual para deitarse", de Caxoto
    Martes, 1 de outubro | 17.00 e 18.30 horas
    Para menores de 3 anos (35 minutos)
    Inscrición: dende o venres 27 de setembro, ás 10.00 h
  • "Cacho animalada", de Vero Rilo e Luis Iglesias
    Martes, 8 de outubro | 17.00 e 18.30 horas
    Para maiores de 3 anos (50 minutos)
    Inscrición: dende o venres 4 de outubro, ás 10.00 h
  • "Concertiño para peques", de Félix Arias
    Martes, 15 de outubro | 17.00 e 18.30 horas
    Para menores de 3 anos (60 minutos)
    Inscrición: dende o venres 11 de outubro, ás 10.00 h
  • "Luppo", de Baobab Teatro
    Martes, 22 de outubro | 17.00 e 18.30 horas
    Para crianzas de 4 a 6 anos (50 minutos)
    Inscrición: dende o venres 18 de outubro, ás 10.00 h
  • "Nanocontos", de Raquel Queizás
    Martes, 29 de outubro | 17.00 e 18.30 horas
    Para menores de 3 anos (50 minutos)
    Inscrición: dende o venres 25 de outubro, ás 10.00 h
  • "Contos debuxados, debuxos contados", de Caxoto e Marc Taeger
    Martes, 5 de novembro | 17.00 e 18.30 horas
    Para maiores de 3 anos (60 minutos)
    Inscrición: dende o venres 1 de novembro, ás 10.00 h
  • "Pelica de burra", de Vero Rilo e Luis Iglesias
    Martes, 12 de novembro | 17.00 e 18.30 horas
    Para menores de 3 anos (30 minutos)
    Inscrición: dende o venres 8 de novembro, ás 10.00 h
  • "Maruxiña", de Laura Sarasola
    Martes, 19 de novembro | 17.00 e 18.30 horas
    Para maiores de 3 anos (45 minutos)
    Inscrición: dende o venres 15 de novembro, ás 10.00 h
  • "Tinta do mar, pequena biografía de Luísa Villalta", de Polo Correo do Vento
    Martes, 26 de novembro | 17.00 e 18.30 horas
    Para maiores de 3 anos (50 minutos)
    Inscrición: dende o venres 22 de novembro, ás 10.00 h

Todas as actividades serán de balde ata completar aforo e poderán reservarse a partir dos venres previos a cada evento.

0.14736604690552