Golf e Entroido van da man este sábado no torneo por parellas de Miño

ACoruñaXa
Miño Golf organiza o 14 de febreiro un Fourball con saída a tiro ás 9.30 horas, premios en cestas de Entroido e opción de menú especial por 22 euros
MIÑO golf
12 Feb 2026

O calendario de Entroido tamén ten parada no green. Miño Golf Ártabro celebra este sábado 14 de febreiro o seu Torneo de Entroido 2026, unha xornada pensada para competir en parella e compartir ambiente festivo dentro e fóra do campo.

A modalidade elixida é Fourball Stableford por parellas, cunha saída a tiro prevista para as 9.30 horas. A organización premiará ás tres mellores parellas con cestas de Entroido, nun torneo que busca mesturar xogo, compañeirismo e esa retranca propia destas datas.

As inscricións pechan o venres 13 ás 15.00 horas. Para anotarse, o club indica a plataforma GolfDirecto e pon tamén á disposición das persoas interesadas o correo recepcionminogolf@gmail.com
e o teléfono 683 316 335.

E para quen queira rematar o plan sen présa, ao finalizar a proba haberá a opción de quedar a comer na cafetería cun menú de Entroido por 22 euros por persoa, con sopa de cocido, cocido, filloas e orellas, ademais de bebida e café.

torneo carnaval miño
⚙ Configurar cookies
0.07680082321167