Genie Espinosa e Jorge Campos protagonizan hoxe o ‘Viñetas Late Night’ do mércores 14 en Viñetas desde o Atlántico

ACoruñaXa
Este mércores, o Teatro Colón acollerá a proxección de 'Rebelión en la granja' e unha completa xornada de actividades no Salón Internacional do Cómic
Imaxe das figuras do Viñetas desde o Atlántico
14 Ago 2024

O 'Viñetas Late Night', con Genie Espinosa e Jorge Campos como protagonistas, celebrarase este mércores 14 de agosto ás 21.30 horas no Teatro Colón. Esta será a terceira xornada de Viñetas desde o Atlántico 2024, que tamén incluirá a proxección do filme para todos os públicos Rebelión en la granja no mesmo teatro.

O día comezará ás 10.00 horas coa apertura das exposicións de Kundo Krunch e Lucas Varela no Kiosco Alfonso, dirixidas ao público profesional. A partir das 11.00h, os ‘Contacómics’ de Pablísimo para nenos de 3 a 6 anos visitarán a Biblioteca da Sagrada Familia, mentres que ás 12.00 horas, Jorge Campos, Tonecho Otero e Irene Sanjuán impartirán obradoiros infantís no Ágora e no Fórum.

Durante o día, os asistentes poderán explorar as mostras de Viñetas Expo nas sedes oficiais do festival, incluíndo o Kiosco Alfonso, Palexco, Palacio de María Pita, Sala Salvador de Madariaga, Casa Museo Picasso e Centro Ágora. O Teatro Colón acollerá ás 12.00h a proxección gratuíta da película de animación baseada na novela clásica de George Orwell Rebelión en la granja, ata completar a capacidade.

No marco de Viñetas Mini, ás 17.00 horas, terá lugar unha visita guiada á exposición de Genie Espinosa no Palacio de María Pita, dirixida pola propia autora. Ademais, o evento contará coa Rúa da BD, que estará aberta de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, e acollerá presentacións de libros e o faladoiro ‘A banda desenhada em Portugal’ con Marcos Farrajota da editorial lusa Chili Com Carne.

Ás 18.00 horas, no Kiosco Alfonso, os autores convidados Genie Espinosa, Lucas Varela, Kundo Krunch e Jorge Campos firmarán exemplares dos seus libros. Na Rúa da BD, tamén se realizarán sinaturas de figuras como Marina Sáez, Jordi Bayarri ou Xulia Vicente, entre outras.

Para consultar a axenda completa de actividades, horarios e máis información sobre esta 27ª edición do festival, os interesados poden visitar a páxina web oficial.

0.15511178970337