Formalizados tres novos contratos de alugueiro para menores de 35 anos na Coruña

ACoruñaXa
A Xunta impulsa en materia de vivenda para a mocidade con medidas como o Aval Mozo ou o Bono Mocidade
coruña_allegue_pisos_-(28)
2 Feb 2025

A Xunta formaliza tres novos contratos de alugueiro para menores de 35 anos na Coruña. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, destacou as liñas que está a impulsar a Xunta de Galicia en materia de vivenda para a mocidade, como a reserva do 25 % para venda e o 40 % para alugueiro nas novas promocións públicas, a menores de 36 anos. Xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou este edificio propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), integramente para a mocidade e en réxime de alugueiro.

Trátase dun inmoble preto da estación de autobuses, máis concretamente entre a avenida de Chile e a rúa Caballeros. María M. Allegue salientou outras medidas que buscan dar resposta ás necesidades deste colectivo, coma os aloxamentos compartidos temporais como solución transitoria ás necesidades de emancipación dos mozos ou as axudas ao alugueiro, con maiores vantaxes para mozos.

Con respecto á compra, a conselleira recordou que o Goberno galego vén de lanzar o programa de axudas para a adquisición de vivenda, cunha liña especificamente dirixida a menores de 36 anos para compra en municipios de menos de 10.000 habitantes. As modalidades centradas nos cascos históricos ou en vivenda pública protexida tamén contemplan maior contía de achegas aos menores de 36, chegando aos 20.000 euros.

Por último, M. Allegue remarcou que a Xunta dispón doutras medidas centradas na xente nova coma o Aval Mozo, que avala ata un 20 % do prezo de adquisición da vivenda e avanzou que nas próximas semanas convocarase o Bono Mocidade para menores de 36 anos, co obxectivo de facilitar o alugueiro.

0.17079305648804