Finaliza o dragado da ría do Burgo sen culminar os tramos do paseo en Oleiros e Cambre

ACoruñaXa
Oleiros denuncia que o proxecto de rexeneración da ría do Burgo non está rematado. Pois, o municipio segue sen estar conectado con Cambre
Imaxe do tramo do paseo da ría do Burgo entre Oleiros e Cambre
29 Abr 2024

O Concello de Oleiros denuncia que o proxecto de rexeneración da ría do Burgo non está rematado. Pois, o municipio segue sen estar conectado con Cambre a través dun paseo marítimo, o que impide circunvalar toda a ría.

A nova zona verde creada na desembocadura do río do Seixo, dotada dun tramo de paseo marítimo, non está conectada nin co paseo de Beiramar nin co paseo de Cambre, ao que actualmente hai que acceder polo parque municipal da urbanización do Seixo. Mentres o Ministerio non aborde estes dous tramos pendentes de paseo no Paraíso e no Seixo, o Concello manterá pechadas por precaución as futuras conexións dos tramos dos paseos costeiros.

“Desde Oleiros lamentamos a actitude da Xefatura de Costas e do Delegado do Goberno, respecto do tramo do Paraíso para o cal se chegaron a talar decenas de árbores de gran porte. No proxecto existía unha partida para abordar as obras e non se investiu, ademais de quedarse coa madeira da tala”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

0.18754315376282