Fin do proxecto interxeracional 'Un Viaxe no Tempo' con exhibición dun documental no cine, coa colaboración de Afaco
O venres 28 de xuño, ás 16 horas, os Cantóns Cinema acollerá a proxección dun documental elaborado por alumnos do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña.
Maiores de AFACO e as súas familias, así como a comunidade de nais, pais e alumnado da Escola Infantil Os Rosales, acudirán a ver esta proxección audiovisual. Este evento pecha un ciclo de 2 anos de traballo conxunto e colaboración entre os usuarios do centro de día Salvador de Madariaga e este centro educativo, boa mostra dun programa que leva xa funcionando unha década.
Os protagonistas do documental son os maiores e as súas familias, os traballadores, os voluntarios e supón unha gratificación emocional importante para quen o faga posible ano tras ano. Ademais, a cita
levará aos maiores ao cinema, algo que en moitos casos non gozaron hai moito tempo.
Desde as entidades organizadoras quérese agradecer especialmente a todos os participantes e empresas colaboradoras o seu apoio desinteresado neste proxecto e o seu evento de fin de ciclo.