Expocoruña acollerá do 7 ao 9 de abril o Galicia Fórum Gastronómico

ACoruñaXa
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria adscrita á Consellería do Medio Rural acudirá ao Fórum con 31 coexpositores, agrupados en diferentes illas temáticas segundo o produto de calidade exaltado
Imaxe da presentación na Coruña do Galicia Fórum Gastronómico
5 Mar 2024

O Recinto Feiral de Expocoruña acollerá do 7 ao 9 de abril o Galicia Fórum Gastronómico, o maior evento gastronómico profesional do norte de España. Converteuse desde a súa primeira edición en Galicia no ano 2008, no punto de encontro imprescindible para os profesionais do food service no noroeste da península, celebrándose os seus catro últimas edicións na cidade

O evento foi presentando este martes na cidade e a el asistiu o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos xa que a Xunta terá unha presenza destacada, tanto por parte da Consellería do Medio Rural como pola de Economía, Industria e Innovación, a través de Galicia Calidade.

Así, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (dscrita a Medio Rural) acudirá con 31 coexpositores, que estarán agrupados en illas temáticas. Haberá illas dos seguintes produtos: viños, augardentes e licores; produtos de Artesanía Alimentaria; queixos e meles; produtos ecolóxicos e resto de produtos.

Ademais, terán espazos propios -con exposición e degustación- os produtos galegos con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida, que estarán atendidos por persoal dos consellos reguladores. A maiores, ao igual que en pasadas edicións, a Axencia colaborará na programación de actividades do Fórum no espazo da Ágora.

A campaña Come local

A iniciativa 'Come local', que ten por obxecto promover os produtos agroalimentarios galegos con selo de calidade nos comedores escolares, terá tamén un papel protagonista neste evento. Este programa busca fomentar o consumo escolar de produtos dos mercados de proximidade e os circuítos curtos de comercialización.

Impulsada pola Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, en colaboración coas consellerías de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e a de Sanidade, e alíñase cos obxectivos de desenvolvemento sustentable da Organización das Nacións Unidas.

Pola súa parte, Galicia Calidade estará presente no Fórum Gastronómico da Coruña cun espazo de máis de 90m² onde dará cabida a seis empresas certificadas, de distintos sectores, e onde realizará diversas accións de promoción dos produtos certificados, como catas e degustacións. Pola súa banda, a Consellería do Mar tamén fará promoción dos produtos pesqueiros de Galicia neste certame coruñés.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18674492835999