Estudantes de 4º ESO, FP e Bacharelato realizarán unhas prácticas nos laboratorios do CICA da UDC
Membros de ata dezaseis grupos de investigación do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da Universidade da Coruña (CICA) reuníronse para coñecer aos que serán os seus novos compañeiros de laboratorio: trátase dos 18 mozos e mozas seleccionados para participar no programa Incrúst@te, un proxecto de divulgación científica impulsado desde o propio centro e que, desde 2017, pretende achegar a realidade dos centros de investigación aos adolescentes e motivar a vocación pola carreira científica.
Durante esta breve experiencia, os investigadores terán que mostrar aos seus alumnos que traballo realizan no día a día dos seus laboratorios. Xuntos deseñarán e levarán a cabo unha proba experimental. Unha vez finalizada esta práctica, os alumnos presentarán os resultados deste pequeno exercicio elaborando un póster, o cal exporán nun congreso científico que terá lugar o 20 de abril no Museo DOMUS.
O seu traballo dos alumnos será revisado por un tribunal, e unha vez finalice o congreso, escollerase aos catro alumnos que realizasen o mellor traballo para gozar dunha nova estancia de dúas semanas no CICA. Os pósters realizados polos alumnos desta edición poderán visitarse no espazo de DOMUS unha vez finalizado o congreso.