Estes son os puntos onde doar na Coruña e comarca para axudar aos afectados pola DANA
A traxedia causada pola recente DINA na Comunidade Valenciana desatou unha onda de solidariedade por toda Galicia. Durante a fin de semana, centos de veciños na Coruña achegáronse aos arredores do estadio de Riazor para colaborar na recollida organizada polo Real Club Deportivo, que reuniu miles de persoas dispostas a axudar aos afectados. Esta resposta inmediata deu paso a unha campaña máis ampla na comarca da Coruña e localidades próximas, que dende este luns amplían a rede de puntos de recollida para recibir doazóns destinadas ás persoas que máis están a sufrir as consecuencias desta situación.
Produtos máis necesarios
Para poder axudar de forma efectiva, solicítanse produtos de primeira necesidade, que inclúen:
- Alimentos non perecedoiros: conservas, leite, auga, fiambres, pan de molde e pasta.
- Produtos de hixiene persoal: xel, xabón, pasta de dentes, compresas e cueiros.
- Produtos de hixiene doméstica: lixivia, limpadores, luvas, botas de auga, fregonas, palas e rastrillos.
- Produtos para bebés: leite en po, papas, cueiros, toalliñas e biberóns.
- Roupa en bo estado e outros materiais de limpeza, que serán fundamentais para a recuperación das zonas máis afectadas.
Puntos de recollida na Coruña e comarca
A Coruña
Na cidade, o Banco de Alimentos Rías Altas habilitou novos puntos tras o éxito da recollida en Riazor. Os lugares dispoñibles inclúen o Obelisco e a praza das Conchiñas, abertos luns e martes de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00. Tamén se poden entregar produtos na sede de Afundación (rúa Cantón Grande, 8) en horario comercial.
Outros puntos na Coruña son o Centro Cívico de Novo Mesoiro (luns de 17:30 a 20:30), a Asociación de Veciños Monte Martelo (de 18:00 a 20:00) e a sede do Partido Popular na rúa Sánchez Bregua.
Culleredo
Culleredo conta con catro puntos de recollida:
- Edificio de Servizos Múltiples do Burgo: 9:00-14:00 e 17:00-20:00.
- Villa Melania (Vilaboa): 9:00-14:00 e 17:00-20:00.
- Centro Cívico de Fonteculler: 17:00-21:00.
- Casa do Concello: 9:00-14:00.
Nestes puntos recíbense alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene e limpeza.
Sada
En Sada, os centros comunitarios locais funcionan como puntos de recollida para alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene e artigos de limpeza.
Bergondo
En Bergondo, o pavillón de Guísamo está dispoñible de luns a venres de 17:00 a 21:00. Solicítase especialmente auga, leite, fiambre, pan, cueiros, compresas e produtos de hixiene persoal.
Betanzos
O Concello de Betanzos puxo o edificio Liceo a disposición da cidadanía, con horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00. Para coordinar entregas fóra destas horas, pódese contactar co Concello.
Oza-Cesuras
O Concello de Oza-Cesuras habilitou as súas sedes en Oza e Cesuras para recibir doazóns de roupa e alimentos este martes e mércores de 10:00 a 14:00. Información adicional está dispoñible nos teléfonos 981 792 000 ou 981 790 001.
Carral
Carral colabora cunha campaña conxunta organizada coas ANPAS dos colexios locais. Este luns publicaranse os centros educativos que funcionarán como puntos de recollida.
Ordes
En Ordes, as doazóns poden realizarse no Colexio Castelao e no Mesón ata o venres 8 de novembro. O obxectivo é reunir a maior cantidade de artigos posibles para apoiar ás persoas afectadas.