Estes son os deputados pola Coruña no novo Parlamento

ACoruñaXa
A Provincia da Coruña contará con 25 deputados procedentes do PP, do BNG e do PSdeG
Cámara do Parlamento Galego
20 Feb 2024

Tras a noite electoral do domingo, chega o momento de coñecer aos 75 deputados que cada un dos catro partidos que acadaron representación no escrutinio de votos terán nas súas filas no Parlamento Galego.  Cómpre lembrar que o Partido Popular con Alfonso Rueda á cabeza acadou a maioría absoluta con 40 escanos, seguido do BNG de Ana Pontón con 25 escanos e do PSdeG de José Ramón Gómez Besteiro con 9, mentres que o partido nacionalista ourensá, Democracia Ourensana de Gonzalo Pérez Jácome, conseguiu introducir a un deputado no Parlamento.

Neste sentido un total de 39 nomes se estrean na cámara galega con respecto da composición da lexislatura anterior. Mentres que dos 75 novos deputados, 39 son mulleres e 36 homes. No caso da Provincia da Coruña contará con 25 deputados.

En A Coruña, o PPdeG consolídase como a forza máis votada, obtendo un 47,67% dos votos (288.911 votos), polo que consegue 13 deputados na provincia, seguido do BNG, cun 32,66 % (197.929 votos) e nove deputados. Pola súa banda, os socialistas obteñen tres escanos para a provincia de A Coruña cun 12,94% (78.458 votos).

PARTIDO POPULAR

  1. Diego Calvo
  2. Paula Prado
  3. María Ángeles Vázquez
  4. Martina Aneiros
  5. Borja Verea
  6. Ethel Vázquez
  7. Fabiola García
  8. Miguel Corgos
  9. María Jesús Lorenzana Somoza
  10. Gonzalo Trénor
  11. Carmen Pomar
  12. Rubén Lourenzo
  13. Roberto Rodríguez

BNG

  1. Ana Pontón
  2. Mercedes Queixas
  3. Rosana Pérez Fernández
  4. Ramón Tomé Fernández Alfonso “Mon”
  5. Daniel Pérez López
  6. Iria Carreira Pazos
  7. Óscar Ínsua Lema
  8. Iria Taibo
  9. Xosé Manuel Golpe

PSdeG

  1. Patricia Iglesias
  2. Julio Abalde
  3. Silvia Longueira

Coñece algo máis dos deputados

Deputados do PP de Galicia

  • Diego Calvo: Licenciado en Ciencias Económicas pola USC, coa especialidade en facenda e sistema fiscal e Máster en Desarrollo Local e Comarcal. Na actualidade é o Presidente provincial do PP e na anterior lexislatura foi o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia.
  • Paula Prado del Río: é a secretaria xeral do Partido Popular de Galicia. Licenciada e Doutora en Dereito pola USC, na especialidade de dereito de familia.
  • María Ángeles Vázquez: Licenciada en Xeografía e Historia pola USC na especialidade de Xeografía Aplicada. É profesora e técnica en información e cultura. É a vicepresidenta segunda da Xunta de Galicia e Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
  • Martina Aneiros: é a delegada territorial da Xunta en Ferrol e Licenciada en Dereito pola USC.
  • Borja Verea: é o presidente do Partido Popular de Santiago de Compostela e e ocupou diferentes postos na Xunta. É Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto, Máster en Administración Local pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Dereito, tamén pola USC.
  • Ethel Vázquez: é a Conselleira de infraestruturas e mobilidade. É enxeñeira técnica superior de Camiños, Canles e Portos pola Universidade da Coruña e foi presidenta de Augas de Galicia.
  • Fabiola García Martínez: é Conselleira de Política Social e Xuventude. Estudou Dereito na USC e ao longo da súa traxectoria política exerceu diferentes papeis na Xunta.
  • Miguel Corgos: é licenciado en Ciencias Económicas pola UDC, na especialidade de economía financeira. Agora é o Conselleiro de Facenda e Administración Pública.
  • María Jesús Lorenzana Somoza: é a Conselleira de Economía, Industria e Innovación. Licenciada en Dereito pola UDC. Ocupou varios cargos na Administración antes de chegar á Xunta.
  • Gonzalo Trénor: exerceu de delegado da Xunta na Coruña. É licenciado en Dirección e Administración de Empresas pola USC.
  • Carmen Pomar: é doutora en Psicoloxía e profesora da USC. Exerceu como Conselleira de Educación entre 2018 e 2020 e na actualidade é deputada no Parlamento.
  • Rubén Lourenzo: técnico en Comercio e Márketing. É Concelleiro en Carballo desde o ano 2019. Presidente do xestor do PP de Carballo e portavoz do Grupo Municipal Popular.
  • Roberto Rodríguez: é avogado e secretario xeal del PP local na Coruña e viceportavoz do PP no Concello da Coruña.

Deputados do BNG

  • Ana Pontón: a portavoz nacional do partido e a candidata á Presidencia da Xunta de Galicia pola formación. A política é Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola USC.
  • Mercedes Queixas: estudou no IES de Monelos da cidade e licenciouse en Filoloxía Hispánica, especializándose na subsección galego-portugués, na Universidade da Coruña. É profesora nun instituto e membro do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega.
  • Rosana Pérez Fernández: a deputada do BNG no Parlamento de Galicia fixo unha formación profesional administrativa, e aprobou unhas oposicións para a Xunta de Galicia, onde obtivo a praza de secretaria de instituto en Ribeira.
  • Ramón Tomé Fernández Alfonso “Mon”: é o dirixente do CIG industria de Ferrolterra. Licenciado en Dereito pola UNED e realizou un Curso Superior de Relacións Laborais pola USC, ademais é técnico superior en prevención de riscos laborais polo Instituto Nacional de Seguridade.
  • Daniel Pérez López: é Concelleiro de Carballo, Daniel Pérez López . Licenciado en Dereito pola UDC desenvolve a súa carreira profesional como avogado laboralista.
  • Iria Carreira Pazos: é Licenciada en Medicina pola USC, na actualidade exerce como médica residente en Medicina Familiar e Comunitaria en Santiago de Compostela.
  • Óscar Ínsua Lema: concelleiro do BNG no concello de Corcubión e Licenciado en Dereito pola USC.
  • Iria Taibo: é tradutora e traballadora autónoma.
  • Xosé Manuel Golpe: traballa de consultor enerxético na Axencia Enerxética da Deputación Provincial, nas Pontes. Leva moitos anos vencellado ao BNG de Cabanas. Foi concelleiro entre 2007 e 2011, e responsábel local do BNG até este mandato. Participa por quinta vez na candidatura do BNG ás municipais en Cabanas.

Deputados do PSdeG

  • Patricia Iglesias: é letrada maior no Consello de Contas de Galicia. Leva xa vinte anos traballando na Administración pública, e foi presidenta da Asociación de Letrados da Xunta. Na actualidade é delegada en Galicia da Asociación de Mulleres no Sector Público.
  • Julio Abalde: Catedrático de Microbioloxíae foi reitor da UDC e profesor de microbioloxía na UDC e na USC.
  • Silvia Longueira: a directora da Fundación Luis Seoane e foi Concelleira de Servizos Sociais no Concello da Coruña entre 2007 e 2011. Estudou xeografía e historia na USC e é membro do Comité Nacional do PSdeG.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17803621292114