Este sábado, 13 de xullo, actuarán La Eterna, Mondra, Chanel e Nebulossa no Atlantic Pride

ACoruñaXa
Chanel e Nebulossa brillarán no Atlantic Pride da Coruña este sábado 13 de xullo, con Mondra e La Eterna completando unha xornada chea de música e celebración
Imaxe de Nebulossa
13 Xul 2024

As estrelas eurovisivas Chanel e Nebulossa reinarán no Atlantic Pride da Coruña este sábado 13 de xullo. Xunto a elas, Mondra completará o line up desta penúltima xornada do ‘Orgullo do Norte’ para abrir boca ás 21.15 horas coa súa FOLĪA das ARDENTES, unha experiencia musical, visual e performativa en diálogo coa música tradicional galega. O público poderá gozar cunha proposta íntima e irreverente a un tempo, da man dunha das voces máis celebradas da escena musical actual e o seu relato de resistencia e celebración. No seu directo non faltará o seu recén estreado single MARIMONDRA.

Pola súa banda, Nebulossa subirá ao escenario dos Xardíns de Méndez Núñez contra ás 22.45 horas para facer gala do seu celebrado electropop, tras erixirse como unha das grandes revelacións do Benidorm Fest 2024 co seu tema Zorra, canción gañadora do certame, coa que o dúo representou a España no Festival da Canción de Eurovisión neste 2024.

Este sábado, a 5ª edición do Atlantic Pride acollerá, tamén, desde ás 00.00 horas, a presentación en directo do primeiro traballo discográfico de Chanel Terrero, ¡Agua!,que viu a luz o pasado mes de xaneiro. Na cita da artista co público da Coruña soarán temas como SloMo, que acadou o flamante terceiro posto no Festival de Eurovisión 2022 celebrado en Turín, ou Clavaíto, a sonada colaboración da artista xunto a Abraham Mateo estreada en 2023.

Finalmente, La Eterna será a dj encargada das pinchadas que inicien e clausuren a velada ás 20.30 horas e ás 01.00 horas, respectivamente. A festa continuará ata ben entrada a madrugada coa sesión ‘After Party’ do Atlantic Pride no Playa Club da Coruña da man de dj D-Lemma (de 02.00h a peche). Na web www.atlanticpride.es/fiestas é posible adquirir as entradas anticipadas, a un prezo de 12 euros (consumición incluída). Os pases poderanse mercar, tamén, o mesmo día na porta do Playa Club (15 euros, consumición incluída).

Programa do sábado, 13 de xullo Xardíns de Méndez Núñez (20.30 a 02.20 horas)

20.30 horas - La Eterna

21.15 horas - Mondra

22.45 horas - Nebulossa

00.00 horas - Chanel

01.00 horas - La Eterna

Sobre os artistas

Mondra é artista, cantareiro e bailador. Medra vencellado á música e ao baile tradicional galego, así como ao teatro e ao audiovisual. Desde 2021 forma parte, como como vocalista e bailador, de DeMente, a compañía de danza Fran Sieira, responsable dunha das pezas con maior percorrido na historia da danza galega. No 2024, recibirá o Premio Alfredo Iglesias, da Revista Coralia, a artista revelación. En setembro de 2023, publica ARDĒN (Altafonte Music Spain), o seu primeiro traballo discográfico, producido por Berto. O álbum presenta unha experiencia musical, visual e performativa, en diálogo coa música tradicional galega. É unha proposta íntima e irreverente a un tempo, un relato de resistencia e celebración.

Os primeiros avances do álbum, SACOdePULGAS e beijos de LK, superan as 50.000 escoitas no Spotify, plataforma na que o artista acumula máis de 17.000 oíntes mensuais. PUNHETA!, en colaboración coas Fillas de Cassandra, supera as 240.000 reproducións na plataforma e máis de 40.000 visualizacións no YouTube, sendo un dos temas máis escoitados no verán do 2023 na Galiza. RUANDO, a carón de AIDA (Tanxugueiras), aglutina preto de 100.000 reproducións no compendio das plataformas.

Mondra estrea o seu primeiro espectáculo, a FOLĪA das ARDENTES, en abril do 2023, dando inicio a unha xira de máis de trinta concertos ao longo de todo o territorio galego. Aclamado pola crítica, o espectáculo foi acollido por grandes festivais galegos como as Revenidas, o Festival da Luz ou o Agrocuir. A FOLĪA das ARDENTES é un espectáculo de gran formato que tende unha man á percusión tradicional galega e á electrónica, e outra ás danzas urbanas. O espectáculo, baixo a dirección artística do bailarín e coreógrafo Daniel Rodríguez, abre unha porta á terra ARDENTE. Son ARDENTES Artur Puga e Julia Sánchez-Biezma, ás percusións; e Sabela Domínguez, Julia Laport, Jandros Rodríguez e Daniel Valde, na danza. Na presentación do álbum ARDĒN, nas salas Capitol e Rebullón, Mondra esgotou todas as entradas días antes dos concertos.

Nebulossa é un dúo de synthpop formado por María Bas (voz e produción) e Mark Dasousa (sintetizadores e produción). Neste 2024, foi a banda gañadora do Benidorm Fest 2024. Desde a súa formación no ano 2018, a troupe alicantina fusiona sons e melodías dos anos 80, colleitando éxitos como que o seu tema Glam fose seleccionada como a mellor canción do 2021 polo xurado de Indie Cool, ademais de ser nominado aos Premios Pop Eje como grupo revelación.

Me pones a 1000, La colmena, Anoche, Armada roja ou Me ha dado porno son algúns dos temas máis famosos desta troupe de electropop, cos que nos últimos anos percorreu escenarios de cidades como Madrid, Málaga, Barcelona, Valencia, Castellón, etc. O grupo foi gañador do concurso de Studio Mans e pola súa presencia, no 2022, na preselección de San Marino Una voce per San Marino, certamen no que chegaron ata a última fase. A comezos de ano, Nebulossa erixiuse como unha das grandes revelacións do Benidorm Fest co seu tema Zorra, canción que supera o millón de escoitas en Spotify e coa que o dúo representou a España no Festival da Canción de Eurovisión 2024.

Chanel Terrero naceu o 28 de xullo de 1991 en La Habana, se ben con catro anos a súa familia instalouse en Olesa de Montserrat (Barcelona). Durante a súa adolescencia formouse en ballet, canto, interpretación e ximnasia rítmica na Real Academia de Danza, da man de figuras como Gloria Gella ou Víctor Ullate. Pronto fíxose un nome no teatro, coa participación en populares e prestixiosos musicales como El rey león (2014), Nine (2015), Mamma Mia (2015 - 2017), El guardaespaldas (2019),
Flashdance (2019-2020) ou Fiebre Hamilton (2020 - 2021).

A artista conta, por outra banda, cunha dilatada carreira na televisión e participou, tamén, en diferentes proxectos cinematográficos. Paralelamente, no ano 2010 foi unha das bailarinas que acompañaron a Shakira na súa actuación nos MTV Europe Music Awards. En 2014 participou no videoclip Gigantes, da eurovisiva Ruth Lorenzo. Entre 2015-2016 formou parte do equipo de bailaríns de Tu cara me suena.

En 2022, Chanel alzouse como gañadora da primeira edición do Benidorm Fest e con su tema SloMo representou a España no Festival de Eurovisión, onde cosechou unha exitosa medalla de bronce (a mellor marca de España no festival desde 1995). SloMo supuxo unha auténtica revolución nas listas musicais, sendo número un en España e todo un éxito en países como Grecia e Lituania, ademais de soar en Alemania, Croacia, Irlanda, Islandia, Países Bajos Portugal, el Reino Unido, Suecia e Suiza.

O seu esperado primeiro álbum de estudio, ¡Agua!, composto por 12 pistas, viu a luz en xaneiro de 2024. Entre os seus temas non faltan a eurovisiva SloMo; unha das colaboracións máis soadas de 2023: Clavaíto, junto a Abraham Mateo; e varias cancións inéditas, como Vuelta y vuelta ou a esperada House Party. Se ben a meirande parte dos temas son explosivos e marchosos, Chanel tamén rescata o seu lado máis nostálxico coa bachata Ahora que no te tengo.

0.18706893920898