Este mércores abre na Fábrica de Santa Cristina a mostra pictórica de Francisco López Pico
ACoruñaXa
A exposición “Sueños y realidades” poderá visitarse do 15 ao 29 de xaneiro e será inaugurada esta tarde
15 Jan 2025
O Centro Cultural A Fábrica será o escenario da exposición “Sueños y realidades”, a mostra pictórica de Francisco López Pico, coñecido como Paco, que estará aberta ao público do 15 ao 29 de xaneiro.
A inauguración terá lugar este mércores 15 de xaneiro ás 20:00 horas, nun evento que contará coa presenza do propio artista. Paco é unha figura moi querida en Oleiros, non só polo seu talento artístico senón tamén pola súa traxectoria como Orientador Educativo no IES Mª Casares, onde traballou durante 25 anos ata a súa xubilación no 2021.
A mostra poderá visitarse de luns a venres, en horario de mañá de 9:00 a 15:00 e de tarde de 17:00 a 21:30 horas. Os sábados, o horario será de 10:00 a 13:30 horas.