Este martes celébrase na Coruña unha cumbre de embaixadores da Unión Europea
A Coruña acollerá a cumbre de embaixadores da UE con motivo da visita organizada pola Presidencia Belga do Consello da Unión Europea a Galicia. A alcaldesa, Inés Rey, ofrecerá unha recepción institucional á delegación diplomática no Palacio de María Pita, o vindeiro martes, 21 de maio, ás 13.00 horas.
A alcaldesa estará acompañada por representantes institucionais e das principais entidades sociais e empresariais xunto con outros sectores da cidade, ofrecendo unha recepción aberta á sociedade coruñesa. A delegación diplomática está conformada por 23 embaixadores e embaixadoras dos 27 estados membros da Unión Europea, xunto coa consul honoraria de Bélxica.
Os países son Alemania, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Países Baixos, Polonia, Portugal e Suecia.