Este martes 30 de abril pechan as inscricións ao campamento de verán en Oza-Cesuras


O Concello de Oza-Cesuras organiza un ano máis un campamento de verán coa fin de axudar á conciliación familiar das familias do municipio durante a tempada estival.
Neste sentido, o campamento desenvolverase durante os días non lectivos dos meses de xuño, xullo e agosto. O horario será de 7.30 horas a 15.00 horas e as actividades terán lugar no Pavillón polideportivo A Casagrande – Dordaño.
O campamento está dirixido ás crianzas de entre 3 (escolarizados) e 12 anos de idade e terán preferencia os cativos empadroados no municipio. Ademais, a admisión será por rigorosa orde de inscrición.
O período de inscrición rematará o martes 30 de abril ás 13.00 da tarde. As solicitudes deberán ser presentadas no rexistro administrativo municipal de Oza-Cesuras ou na sede electrónica.
