Este luns ábrese ao público a piscina municipal de Coirós
O Concello de Coirós abrirá este luns, día 1, ao público a piscina municipal. O horario de baños será de 14.00 a 21.00 horas de luns a venres e de 11.30 a 21.00 horas os sábados e domingos. As familias numerosas, persoas en situación de desemprego e familias monoparentais, en caso de estar empadroados, teñen á súa disposición bonos mensuais gratuítos.
Neste sentido, as persoas empadroadas dispoñerán de bonos mensuais, o bono individual ten un custo de 5 euros, 10 euros para dous membros, 12 euros para tres e de 15 euros para as familias de 4 membros. O baño libre ten un prezo de 4 euros por día.
Para máis información pódese chamar ao teléfono do departamento de Deportes: 981796088 ou consultar a seguinte páxina web. O servizo municipal de piscina conta coa colaboración da Deputación da Coruña.