Este domingo Cambre celebra a súa XXXI Exposición Micolóxica

ACoruñaXa
O evento levará a cabo no colexio Wenceslao Fernández Flórez coa participación de expertos da Asociación Micolóxica Andoa
Exposición Micológica Cambre
16 Nov 2024

Cartaz XXXI Exposición Micolóxica CambreCartaz XXXI Exposición Micolóxica Cambre

Este domingo, 17 de novembro, o Concello de Cambre e a Asociación Micolóxica Andoa celebran a 31ª edición da tradicional Exposición Micolóxica. O evento levarase a cabo no patio do colexio Wenceslao Fernández Flórez, de 11:30 a 17:30 horas, con acceso libre e gratuíto para todos os públicos.

Durante a mostra, os asistentes poderán disfrutar dunha variada exposición de especies de setas, identificadas polo persoal experto de Andoa, que estará presente para guiar aos visitantes e ofrecer explicacións detalladas sobre cada exemplar. Ademais, as persoas que o desexen poderán traer as súas propias setas para que os expertos as identifiquen, facendo desta actividade unha experiencia participativa.

O obxectivo da exposición é achegar ao público o fascinante mundo das setas, resaltar a diversidade de especies presentes en Galicia e fomentar unha visión positiva sobre a micoloxía.

Para máis información sobre a Asociación Micolóxica Andoa, pódese consultar a súa páxina web.

Cartaz XXXI Exposición Micolóxica Cambre
0.79387807846069