Este domingo Cambre celebra a súa XXXI Exposición Micolóxica
Este domingo, 17 de novembro, o Concello de Cambre e a Asociación Micolóxica Andoa celebran a 31ª edición da tradicional Exposición Micolóxica. O evento levarase a cabo no patio do colexio Wenceslao Fernández Flórez, de 11:30 a 17:30 horas, con acceso libre e gratuíto para todos os públicos.
Durante a mostra, os asistentes poderán disfrutar dunha variada exposición de especies de setas, identificadas polo persoal experto de Andoa, que estará presente para guiar aos visitantes e ofrecer explicacións detalladas sobre cada exemplar. Ademais, as persoas que o desexen poderán traer as súas propias setas para que os expertos as identifiquen, facendo desta actividade unha experiencia participativa.
O obxectivo da exposición é achegar ao público o fascinante mundo das setas, resaltar a diversidade de especies presentes en Galicia e fomentar unha visión positiva sobre a micoloxía.
Para máis información sobre a Asociación Micolóxica Andoa, pódese consultar a súa páxina web.