Estas son as actividades do CeMIT de Betanzos para o mes de xaneiro


A aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) do Concello de Betanzos organizará en xaneiro tres actividades formativas dirixidas á poboación en xeral, co obxectivo de fomentar a alfabetización dixital e a inclusión tecnolóxica.
Entre os días 13 e 24 de xaneiro impartirase o curso “Iniciación á Informática”, deseñado para mellorar as competencias básicas no uso de computadores. As sesións desenvolveranse en horario de 09:00 a 10:30 horas.
Tamén entre o 13 e o 24 de xaneiro, pero en horario de 10:30 a 12:00 horas, terá lugar o curso “Teléfono móbil”, no que as persoas asistentes aprenderán a sacar maior rendemento aos seus dispositivos.
Ademais, o 28 de xaneiro realizarase o exame “Exame de teleformación EMA”, orientado a persoas que completasen previamente o curso de teleformación na plataforma EMA. Este exame será de 16:00 a 17:00 horas.
A Rede CeMIT, promovida pola Xunta de Galicia, traballa para facilitar o acceso á sociedade da información, especialmente para persoas con dificultades tecnolóxicas, e apoia iniciativas que impulsen o desenvolvemento económico e o uso de servizos electrónicos.
As inscricións e máis información sobre estas actividades están dispoñibles na aula CeMIT de Betanzos, situada na rúa Emilio Romay n.º 1, a través da páxina web, no teléfono 618 693 005 2401 ou no correo electrónico cemit.betanzos@xunta.gal.
