Estas son as actividades dispoñibles en outubro no Espazo Xove de Curtis

ACoruñaXa
O Espazo Xove de Curtis ofrece actividades gratuítas para outubro, con prazas limitadas e opcións para mozos e mozas de entre 12 e 30 anos
Imaxe do espazo xove de Curtis
30 sep 2024

O Espazo Xove de Curtis organiza unha serie de actividades gratuítas durante o mes de outubro, dirixidas a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos.

Entre as propostas destacan un Escape Room, que terá lugar os venres 11 e sábado 26 de outubro, ademais dun Campamento Dixital destinado a dúas franxas de idade. Para mozos e mozas de 12 a 13 anos, o campamento celebrarase os días martes 29 e xoves 31 de 18.30 a 20.30 horas, mentres que o grupo de 14 a 17 anos poderá participar o luns 28 e mércores 30 no mesmo horario. Ademais, tamén haberá unha sesión de maquillaxe artística para celebrar o Samaín, que se desenvolverá o martes 29 de 17.00 a 19.00 horas.

As prazas para todas as actividades son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Para anotarse, os interesados poden facelo en persoa no Espazo Xove de Curtis, a través dunha mensaxe directa nas redes sociais, por teléfono no 881 880 650, por WhatsApp no 672 017 720 ou enviando un correo electrónico a espazoxovecurtis.xuventude@xunta.es.

0.21020698547363