Estas son as actividades dipoñibles en novembro no Espazo Diverso
O Concello de A Coruña organiza durante o mes de novembro unha programación variada no Espazo Diverso, situado no Centro Cívico da Cidade Vella, cun claro compromiso pola inclusión e o apoio á comunidade LGTBI+. As actividades, que abarcan desde un Club de Lectura ata obradoiros culturais, están deseñadas para ofrecer un espazo seguro e enriquecedor onde se celebre a diversidade e se fomente a aprendizaxe e a expresión persoal.
Entre o 13 e o 29 de novembro, desenvolverase o Club de Lectura, onde as persoas asistentes poderán afondar na obra La mala costumbre de Alana S. Portero, un libro que explora as vivencias e realidades da comunidade LGTBI+. A actividade será guiada por Mariele de Almeida, técnica do Espazo Diverso, en horario de 19:00 a 20:30 horas.
O programa tamén inclúe o obradoiro “Acompañar na diversidade: Familias diversas, contornas de apoio,” que terá lugar os días 19 e 26 de novembro, de 17:30 a 20:30 horas. Esta actividade de formación busca dotar de ferramentas que promovan relacións familiares respectuosas e saudables, libres de violencias LGTBIfóbicas, e estará impartida pola propia Mariele de Almeida.
A oferta complétase con dous obradoiros culturais: un de acuarela experimental, a cargo da artista Leidy Silva, o 21 de novembro de 18:00 a 20:30 horas, no que se explorará a creatividade a través desta técnica artística; e o taller “Permórmatica,” o 27 de novembro, de 18:00 a 20:00 horas, un obradoiro de voguing e expresión corporal dirixido pola educadora Alexandra Marte, onde os participantes poderán conectar coas súas emocións a través da danza.
As persoas interesadas en participar poden contactar con Espazo Diverso a través do correo espazodiverso@coruna.gal ou chamando ao 981 189 889. Para calquera necesidade específica, recoméndase contactar con antelación mínima de 48 horas.