Esta fin de semana os barrios de Bens, San Pedro de Visma e Os Mallos da Coruña celebran as súas festas
Volven as festas de barrio á Coruña coas celebracións en San Pedro de Visma, Bens e Os Mallos, que contarán con tres días de música, actividades culturais e deportivas para todos os públicos. As festas de Bens, organizadas polo Concello en colaboración coa Comisión de Festas, comezan este venres 28 de xuño ás 20.30 horas cunha gran churrascada á que lle seguirá a actuación da orquestra Marbella para amenizar a verbena.
A festa continuará o sábado ás 14.30 horas na sesión vermú con dúo D’luxe e continuará pola noite, a partir das 21.00 horas, coa tradicional Pulpada e verbena da man da orquestra Marbella. No descanso, sobre as 00.30 horas, o ceo encherase de cores logo da gran tirada de fogos de artificio. As festas rematarán o domingo 30, cunha sesión vermú a cargo do dúo D’ Vicio, desde ás
14.30 horas en adiante. O dúo D’Vicio volverá a partires das 21.00 horas, poñendo as últimas notas musicais á fin de semana festiva en Bens.
Pola súa banda, San Pedro de Visma celebrará as súas festividades con tres días de exposicións, música e actividades infantís e deportivas. A cita está organizada polo Concello da Coruña en colaboración coa Asociación Veciñal “Loureiro” de San Pedro de Visma.
Esta tarde, ás 18.00 horas, abrirase a exposición fotográfica ‘O pasado de Visma, xentes e lugares’ no que se amosa a historia do barrio no Centro Cívico. Está aberta ao público durante
todo o mes de xuño. Xa ás 20.00 horas, no Campo da Festa, comezará a churrascada previa ao ‘Rock in Visma’, no que actuarán as bands coruñesas ‘Colorado’ e ‘Debarrio’ a partir das 22.30 horas.
As celebracións continuarán o sábado 29, dende as 13.00 horas na sesión vermú, co dúo José Brea & Miguelón e a partir das 15.30 horas na sesión tardeo ‘Tecno Visma’, cos Jds Trasplass, Javi e Óbolo de Caronte. Ademais, como é habitual, celebrarase o partido de fútbol dos veteráns de Visma/Mariñeiros contra os veteráns de San Tirso de Mabegondo, no Campo de Fútbol de San Pedro de Visma ás 18.00 horas. A organización renderalle unha homenaxe a Paco Lodeiro.
No Campo da Festa, a partires das 19.00 horas, os máis pequenos e pequenas poderán gozar dun espazo infantil no Adro da Igrexa, con inchables, globoflexia e actividades para os máis pequenos; e churrascada e paella a partir das 19.15 horas. Xa ás 22.00 horas comezará a verbena coa Orquestra "Suavecito". O domingo, día 30, será a última xornada festiva. Comezará ás 11.00 horas coa foliada dos ‘Gaiteiriños’ e a partires das 12.00 volve a Festa do Polbo coa ‘Pulpeira Pepita’ do Carballiño, amenizado pola última sesión vermú da man do grupo ‘Los Kibbis’.
A esta fin de semana festiva súmase Os Mallos, cunha programación organizada polo Concello en colaboración coa Plataforma Vecinal os Mallos. A xornalista Loreto Silvoso será a pregoeira das festas do barrio, que contará coa actuación dos Kibbis esta noite a partir das 22.00 horas, na avenida dos Mallos con Eugenio Carré. Continuará ao día seguinte desde pola mañá, coa alborada do grupo ‘Aturuxo’, dende as 11.00 horas ata as 13.00 horas, percorrendo a avenida até o inicio da sesión vermú das 13.30 horas na rúa Francisco Catoira co grupo Solos.
Xa pola tarde, a partir das 18.00 horas celebrarase o xa tradicional Bingo Solidario en Ramón Cabanillas, á que lle seguirá pola noite, ás 22.00 horas, na rúa Ángel Senra, a verbena co DJ A 30
60. Para participar no Bingo Solidario é preciso achegarse cun kilo de comida que será destinada á Cociña Económica. Repartiranse premios donados polos comercios e locais de restauración do barrio, dende obxectos físicos ata vales por servizos tipo ceas ou tratamentos estéticos. A festa seguirá o domingo día 30 a partir das 11.00 horas na Praza da Estación, da man dos Kilomberos de Monte Alto. A organización da programación das festas nos barrios enmárcase no Plan de dinamización cultural dos barrios da cidade polo que o Goberno de Inés Rey cumple o seu obxectivo de achegar a cultura e as festas aos barrios, apoiando ás entidades veciñais na celebración das súas propias festividades.