Escolares visitan a feira de Curtis polo Día do Mercado

ACoruñaXa
Os escolares do CEIP de Curtis e CEIP de Teixeiro visitaron  este xoves a feira de Curtis con motivo da data de celebración
Imaxe dos cativos visitando a feira de Curtis
23 Maio 2024

Con motivo do Día do Mercado, os escolares do CEIP de Curtis e CEIP de Teixeiro visitaron  este xoves a feira de Curtis. Durante a excursión realizouse unha visita guiada pola feira onde poideron falar con comerciantes, coñecer de cerca as diferentes zonas da feira e degustar os produtos locais.

Ademais, no día de hoxe o Concello e a Xunta de Galicia, a través da campaña 'Quere ao teu mercado' agasallou aos visitantes con bolsas de tea.

Esta campaña organízase a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo e celébrase dende fai 6 anos co obxectivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados, potenciando así a compra do produto local.

0.20349097251892