'Encontros no Solpor' traerá música e baile tradicional a Sada

ACoruñaXa
O evento celebrarase o domingo 8 de decembro na Casa da Cultura Pintor Lloréns con entrada libre
sada musica e baile
6 Dec 2024

A Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada acollerá o domingo 8 de decembro unha nova edición de 'Encontros no Solpor', unha xornada dedicada á música e ao baile tradicional. A cita, organizada pola Agrupación Musical Nova Troula coa colaboración do Concello de Sada, dará comezo ás 18:00 horas.

O programa contará coas actuacións da Banda de Gaites Picos de Europa - DOP Carrales, o Conxunto Sisto e a Agrupación Musical Nova Troula. Unha oportunidade única para gozar da riqueza da música e o baile tradicional nun ambiente festivo e comunitario.

A entrada ao evento será libre ata completar aforo, permitindo así que toda a veciñanza e visitantes poidan achegarse a celebrar a cultura galega.

⚙ Configurar cookies
0.56425595283508