Emma Pedreira presenta na Coruña unha antoloxía sobre os cemiterios e rituais da morte en Galicia

ACoruñaXa
"As horas mortas" achega aos lectores aos camposantos galegos, explorando mitoloxía, tradicións e memoria colectiva, con Xurxo Souto e Pura Tejelo como convidados
as horas mortas
30 Out 2024

Este xoves 31 de outubro, ás 20:00 horas, terá lugar no espazo de Amigos dos Museos de Galicia, en Portas Ártabras, a presentación de 'As horas mortas: Viaxes e conversas por cemiterios galegos', da autora Emma Pedreira, publicado por Baía Edicións.

O libro é unha antoloxía que explora cemiterios, camposantos e outros espazos fúnebres de Galicia, ademais de analizar os rituais, crenzas e o corpus mitolóxico que a cultura galega garda sobre a morte.

No acto de presentación acompañarán á autora os invitados Xurxo Souto e Pura Tejelo, quen contribuirán coas súas reflexións sobre este tema tan arraigado no imaxinario galego. A entrada será libre ata completar aforo.

0.088829040527344