Dimite Óscar García Patiño, alcalde de Cambre, farto do bloqueo administrativo
Óscar García Patiño, alcalde de Cambre de Unión x Cambre presentou este xoves 7 de marzo a súa dimisión tras nove anos á fronte do Concello, alegando estar cansando do bloqueo administrativo que se vive no municipio . “Sé que no soy el responsable de esta situación pero creo, sinceramente, que mi marcha puede ser la solución”, alegou.
Esta é unha deción tal e como recoñeceu “difícil y meditada”, que valorou como a “única salida” para solucionar o bloqueo do Concello. O primeiro edil xa denunciara no mes de setembro a situación de parálise que sufría o Cambre tras o cambio de criterio adoptado polas novas habilitadas nacionais dos departamentos de Intervención e Secretaría.
“La única salida para desbloquear esta situación en la que hay una pública animadversión personal hacia mí pasa por mi salida y aquí está”, concluyó García Patiño. El alcalde reconoció que lo más fácil sería “ponerse de perfil y seguir cobrando 40.000 euros al año, pero yo no sirvo para eso, siempre he dado la cara porque antes de político soy vecino”, recalcou.
“Lo que no han conseguido ni en las urnas ni en los juzgados lo están consiguiendo ahora con esta situación, que está dañando seriamente a las empresas, asociaciones y funcionarios”. García Patiño explicou que as dúas habilitadas nacionais traballaron sempre “dentro de la legalidad”, pero sen intención de defender o interese xeral de Cambre. Unha afirmación que sustentou na débeda cos provedores, que trouxo consigo denuncias xudiciais ao Concello e mesmo problemas de salubridade pola falta de limpeza dos colexios ou do centro de saúde.
Como xa indicara na rolda de prensa de setembro, García Patiño incidiu que “el gobierno siempre basó su trabajo en informes técnicos y de la mano de la ley. En los últimos años pasaron por aquí varios habilitados nacionales, cada un con una forma distinta de trabajar. Nunca tuvimos un problema semejante y las cosas salían adelante, lo que me lleva a preguntarme por qué lo que hasta ahora valía, ahora ya no sirve”.
Guerra aberta entre o alcalde e os funcionarios
O primeiro edil explicou que a rolda de prensa de setembro na que se deu a coñecer a situación de parálise do Concello “marcó un antes y un después en cuanto a su relación con el alcalde, no llegando ni siquiera a comunicarme asuntos relacionados con demandas judiciales”. Como relatou o primeiro edil, o exemplo máis claro viviuse no pleno do luns, cando a interventora “pretendió hablar para asesorar a la corporación sin haber siquiera hecho lo propio conmigo. Si ella entiende que hay algo ilegal, lo primero que tendría que hacer es comunicárselo al alcalde”. O rexedor lamentou, non só a actitude da interventora durante a sesión, senón tamén a do resto de grupos da corporación municipal, que aínda tendo toda a información sobre o bloqueo do Concello decidiron “posicionarse públicamente hacia las habilitadas y sacar rédito político de esta situación”.
Durante a súa intervención, o rexedor explicou que, na actualidade, a débeda cos provedores ascende aos 5 millóns de euros. En contrapartida, o remanente de tesourería do Concello é de 23 millóns de euros, o que deixa entrever que o bloqueo de Cambre “no se debe a un problema de solvencia económica”. Outro dos indicadores que deixan clara a situación do Concello é o Período Medio de Pago (PMP). Así, o PMP de Cambre no 4º trimestre de 2023 pechouse en 284,6 días (unha cifra moi superior á de 2022, cando o PMP do exercicio pechouse en 8,22 días).
García Patiño avanzou que esta problemática podería derivar, ademais, na perda da subvención europea do PIREP de 1,6 millóns de euros. Con todo, como explicou o rexedor “se trata de un proyecto clave para Cambre por lo que, pase lo que pase, se ejecutará”. O alcalde afirmou, ademais, que dando resposta ao compromiso adquirido polo goberno, os pregos do servizo de limpeza de instalacións municipais e o de abastecemento e saneamento atópanse xa no departamento de Contratación (que depende de Secretaría) para ser informados.
O alcalde concluíu a súa intervención agradecendo o labor dos concelleiros e concelleiras do goberno local, do persoal municipal e a implicación das asociacións do municipio, ás que definición como “eje central de nuestra forma de entender y hacer política”. García Patiño aproveitou tamén para agradecer o apoio incondicional da súa familia e dos seus compañeiros de partido, así como a confianza dos veciños e veciñas, “que me deron a oportunidade de ser o alcalde de Cambre, o pobo no que nacín, no que vivo e no que seguirei vivindo”.
García Patiño aclarou, ademais, que deixa “la Alcaldía, pero no Unión x Cambre, un partido que fundé hace 15 años y que es también mi familia. Seguiré luchando para que las cosas mejoren y para que este concello avance”.